Designan a Manuel Ferro como novo xuíz de paz substituto de Oroso
É empregado público do Servizo de Prevención de Incendios da Consellería do Medio Rural
Á fronte da Oficina de Xustiza está a xuíza titular María Elena Espiñeira, no cargo desde 2024

O rexedor Álex Doval, esquerda, co novo xuíz de paz substituto, Manuel Ferro / Concello
O veciño de Carollo, Parroquia de Cardama, Manuel Ferro, tomou posesión como xuíz de paz substituto do Concello de Oroso, completando así a renovación da Oficina de Xustiza de Paz, que continúa encabezada pola xuíza titular María Elena Espiñeira, no cargo desde o ano 2024.
Manuel Ferro, de 64 anos, é empregado público do Servizo de Prevención de Incendios da Consellería do Medio Rural, posto que desempeña desde o ano 1992. Está casado e ten un fillo.
Durante o acto de toma de posesión, celebrado na casa do concello, o alcalde orosán, Álex Doval, destacou «a importancia de contar con persoas comprometidas co servizo público e coa súa comunidade» e agradeceu «a disposición de Manuel Ferro e María Elena Espiñeira para seguir colaborando co Concello e coa cidadanía de Oroso».
Coa incorporación de Manuel Ferro, a Oficina de Xustiza de Paz de Oroso continúa reforzando o seu labor de proximidade e atención á veciñanza.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago