CULTURA
Eco de Sol: teatro, cinema documental, regueifa e saber tradicional en Cee
O proxecto de aAntena involucrará ao alumnado local

Manu Fernandez e Lucia Veiga protagonizan 'Sol Fuerza'. / Cedida
A Casa da Cultura de Cee será o escenario do 17 ao 22 de novembro dunha nova parada do proxecto Eco de Sol, que combina teatro, creación oral, cinema documental e saber tradicional para activar a reflexión crítica arredor da memoria, a sustentabilidade e a identidade rural.

Cartel dos actos programados en Cee. / Cedida
Trátase dunha iniciativa impulsada pola compañía aAntena e recoñecida pola Deputación da Coruña no marco das Axudas a Proxectos Singulares con Impacto Social.
Durante toda a semana, desenvolveranse diferentes accións dirixidas ao alumnado do IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco, CEIP Manuela Rial Mouzo e CEIP Vila de Cee, co obxectivo de vincular as novas xeracións co territorio desde o pensamento crítico e a creación colectiva.
Entre estas accións inclúense a función do espectáculo Sol Fuerza, a proxección dos documentais Derrubando Xigantes e O monte é noso, un obradoiro de regueifa contemporánea con Lupe Blanco, e un vieiro de etnomedicina aberto ao conxunto da veciñanza, guiado por María Moure.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo