A Xunta inviste case 118.000 euros en mellorar a eficiencia enerxética do edificio multiúsos de Frades
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o alcalde de Frades visitaron a instalación para coñecer as actuacións executadas

Natalia Prieto visitou o edificio acompañada de Roberto Rey, á dereita. / Cedida
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o edificio multiúsos de Frades, acompañada polo alcalde, Roberto Rey, para comprobar as melloras realizadas co apoio da Xunta. As obras contaron cunha achega autonómica de case 118.000 euros ao abeiro da orde plurianual para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas municipais, dotada con 5 millóns de euros e cofinanciada con fondos Feder.
Os traballos, por un lado, consistiron en rehabilitar a parte exterior da cuberta mediante unha solución lixeira de illamento térmico e impermeabilización e tella cerámica curva, creando unha cuberta unha cuberta totalmente impermeabilizada e ventilada. Ademais, aproveitouse para substituír canalóns e baixantes de augas pluviais.

Imaxe da cuberta exterior das instalacións. / Cedida
Por outra banda, substituíronse os elementos de alumeado por lámpadas LED e se instalaron reguladores de luz, que permiten optimizar os consumos de enerxía. Finalmente, desmontouse o antigo equipo de calefacción e instalouse outro de bomba de calor. Así mesmo, instalouse un sistema de ventilación en ambas plantas, xa que o edificio carecía de el.
O rexedor fradense puxo en valor estes traballos “xa que este edificio multiúsos é un lugar moi utilizado pola veciñanza, xa que aquí teñen lugar tanto os cursos de formación como actividades moi demandadas como pilates, ademais de acoller servizos como a biblioteca municipal, a aula de informática ou o Museo de Frades.
Novo vehículo todoterreo eléctrico
A directora xeral tamén comprobou o equipamento adquirido de maneira conxunta polos concellos de Frades e Ordes para o Servizo de protección do ambiente e do espazo natural, compartido por ambas administracións e que contou cunha achega da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental de 36.450 euros. A dotación adquirida foi un vehículo todoterreo eléctrico, con distintivo ambiental cero emisións e equipado cun gancho de remolque.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago