ACTIVISMO
‘Gaza, un xenocidio televisado’, o libro de Mohamed Safa chega a Cee
Preséntase este venres, día 14 ás 20.00 horas, na Casa da Cultura

Mohamed Safa, autor de 'Gaza, un xenocidio televisado'. / Cedida
O oftalmólogo, activista e escritor Mohamed Safa presenta en Cee o libro Gaza, un xenocidio televisado, unha obra que nace da negativa a permanecer en silencio e inspirada na advertencia de Mary Fulbrook sobre as «sociedades de espectadores», a masa pasiva que presenza o horror sen actuar.
Un libro publicado por Medulia Editorial que, segundo o autor, quere ser un testemuño, unha denuncia e unha toma de posición «porque fronte ao sufrimento dun pobo, a palabra tamén pode ser resistencia».
A presentación terá lugar este venres, día 14 ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Cee. O autor estará acompañado pola alcaldesa, Margot Lamela, e o escritor Modesto Fraga.
E o sábado, a partir das 12.00 horas, a Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee, acollerá os actos de homenaxe a Mon Rey, que foi bibliotecario durante 33 anos e faleceu o pasado mes de abril. Intervirán o profesor de Literatura e escritor Miro Villar, e o técnico de xestión cultural e compañeiro de Mon, Víctor Castiñeira. A alcaldesa, Margot Lamela, presidirá o acto solemne de descubrimento da placa que dará o nome de Mon Rey á Sala de Hemeroteca e Fondo Local.
A xornada do sábado complementarase co monólogo Marcho, que teño que marchar, de Bea Campos, ás 20.00 horas.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros