MOBILIDADE
Ponteceso habilita a senda peonil do Anllóns
A Consellería de Medio Ambiente inviste 45.000 € nas obras

Obras da nova senda peonil á beira do Anllóns, en Ponteceso. / Cedida
A nova senda peonil ao longo do río Anllóns, ao seu paso por Ponteceso, está cada vez máis preto de ser unha realidade. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da que dependen estas obras, arrincou os labores nos últimos días.
O proxecto conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros e contempla a execución dun tramo duns 500 metros de lonxitude. Neste espazo colocarase un bordo de aceiro, habilitarase novo pavimento de terra estabilizada e instalaranse bolardos metálicos para impedir o acceso por parte de vehículos.
O alcalde, José Manuel Mato, sinala que se trata dunhas actuacións «esenciais coas que se porá en valor e garantirá a conservación ambiental do río». Asegura ademais que esta non será a única actuación prevista para devolverlle ao Anllóns o protagonismo «que merece, senón que temos previsto realizar outras intervencións na zona proximamente».
O rexedor agradece a colaboración da Xunta, «indispensable para levar a cabo actuacións como esta coas que se fomentará a mobilidade peonil e se lles ofrecerá aos veciños e veciñas novos recursos de lecer en plena natureza». A Administración autonómica xa habilitou no municipio pontecesán diversas sendas peonís co fin de reforzar a seguridade e fomentar a mobilidade sustentable.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago