Ecofogar, moito máis ca unha tenda: o negocio especializado en calefacción que cumpre 10 anos transformando vivendas
Asesoramento, instalación, legalización, mantemento e urxencias, a firma ofrece un servizo completo para que o cliente non teña que preocuparse de nada

Ecofogar é unha empresa especializada en calefacción situada en Outes. / Cedida
Ecofogar é un negocio dedicado á venda e instalación de aparellos de calefacción para vivendas unifamiliares, negocios e insititucións que abriu as súas portas ano 2015. Instalados no municipio de Outes, na avenida Rocío nº 40, trátase dunha empresa referente no sector pola súa especialización en todo tipo de aparellos de biomasa, ben sexa pellet, astilla, leña...
Boa parte do seu servizo consiste tamén en executar melloras enerxéticas en fogares e locais, como a colocación de aerotermias ou de placas de aproveitamento solar térmico ou fotovoltaico.

Unha estufa instalada polo persoal de Ecofogar. / Cedida
As melloras marcas do mercado
En Ecofogar a calidade non se negocia, por iso traballan unicamente coas mellores marcas do mercado a nivel nacional e internacional, aquelas que ofrecen garantías reais, durabilidade e os mellores resultados. En aparellos de pellet contan con produtos de grandes firmas como Dielle, Úngaro e Nobis (recoñecidas en todo o globo terráqueo) así coma de Fogosur ou Bronpi (líderes no noso país).
En leña destaca unha das súas grandes apostas, o fabricante valenciano Carbel, cuxo máis que positivo rendemento representa perfectamente a búsqueda da eficiencia e aforro enerxético que busca Ecofogar. Non obstante, a súa oferta de estufas e caldeiras de leña é extensa, con produtos doutras marcas como Bronpi, A. Caminetti, Invicta entre outros.

A empresa colabora coas firmas máis destacadas do sector. / Cedida
Asesoramentos e instalacións completas
Cabe subliñar que Ecofogar non é unha simple tenda. Os seus servizos abranguen desde asesoramento inicial ao posible cliente —analizando cada caso de maneira individual e visitando incluso as vivendas antes de elaborar un orzamento detallado— ata a proposta da opción que, ao seu xuízo, mellor se adapta ás necesidades de cada persoa, así como o rexistro e a legalización da instalación en Industria.

Ecofogar leva a cabo un asesoramiento inicial para recomendar opcións aos seus clientes en función dos contextos. / Cedida
Non só fan recomendacións e venden os aparellos, senón que tamén ofrecen servizos de instalacións completos en traballos de albanelería, pintura, carpintería, electricidade ou fontanería, co desexo de deixar completamente rematado calquera tipo de encargo sen que os clientes teñan que depender de ningunha outra empresa. Con isto, a firma busca facilitar e dinamizar ao máximo os procesos, perdendo o menor tempo posible, o que supón unha grata vantaxe tendo en conta a escaseza de profesionais que hai actualmente nos sectores da construción.
Ecofogar busca contentar aos seus clientes ata no último detalle. De forma que tamén se ocupan dos labores de mantemento das estufas con persoal propio e ofrecen un servizo de urxencias para resolver posibles avarías. E por se fose necesario, conta co apoio do persoal do Servizo de Atención ao Cliente das propias fábricas, para resolver calquera dúbida ou solicitar unha revisión.
Case medio cento de estufas en exposición
Nas súas instalacións dispoñen decase medio cento de máquinas en exposición, tanto de pellet como de leña, para que calquera visitante poida ver de preto, comparar e comprobar a calidade real dos produtos que ofrece. O local conta ademais cun amplo abano de accesorios e compoñentes para estufas: xogos de atizadores, aspiradoras de cinzas, pastillas de acendido, pintura anticalórica e todo tipo de pezas de reposición para estufas e caldeiras vendidas pola empresa.

Algunhas das múltiples estufas expostas no seu local en Outes. / Cedida
Ecofogar realiza vendas e instalacións en todo Galicia, consolidándose como un negocio de referencia nas comarcas do Barbanza, Santiago e Costa da Morte grazas á súa experiencia e seu trato de confianza cos clientes.
Manteñen a súa presenza na rede coa súa páxina web: https://www.ecofogar.com/ e unha actividade continua nos seus perfís de Facebook e Instagram, onde mostran de forma transparente os resultados das súas instalacións e comparten artigos de interese sobre o coidado das estufas, a importancia dos mantementos, os piares nos que deben fixarse os consumidores á hora de escoller unha estufa ou un sistema de calefacción, etc.
Como novidade, proximamente abrirán unha canle en liña para arrendar consultas con clientes ou atender a persoas interesadas, co fin de facilitarlles o acceso á información.
Ademais, Ecofogar é unha firma comprometida coa Responsabilidade Social Corporativa, especialmente a través do apoio ao deporte base. Exemplo disto son os acordos de colaboración co Outes F.C. polo que dotan de calefacción a cantina do Campo de Fútbol de O Conchido, ademáis de patrocinar ó equipo en categoría Cadete, ou o patrocinio da atleta xoven máis importante en anos do Concello de Outes; Sara Caamaño, campiona Galega de lanzamento de peso en varias ocasións e actual Campiona de España da modalidade ShortTrack 2025.

Sara Caamaño é a deportista xoven máis destacada de Outes. / Cedida
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo