AUTOMÓBIL
‘Semana Tola’ en Feirauto de Baio con agasallos directos de 200 €
Será do 24 ao 30 de novembro en formato de portas abertas

Exposición de vehículos na última edición de Feirauto, en Baio. / Cedida
Unha vez máis, Baio (Zas) será a capital do automóbil coa celebración da 56 edición de Feirauto, que nesta ocasión preséntase baixo o lema Semana Tola.
O evento, organizado pola Asociación do Automóbil de Baio coa colaboración de Fecom e do Concello de Zas, celebrarase do 24 ao 30 de novembro.
Durante toda a semana, os concesionarios participantes ofrecerán unha xornadas de portas abertas cun horario de apertura ampliado (de luns a sábado en horario de mañá e tarde e o domingo abrirán pola mañá). A idea é facilitar que os visitantes poidan coñecer as últimas novidades do sector e atopar as mellores ofertas do momento entre unha gran variedade de vehículos seminovos e de ocasión.
Os concesionarios participantes son Talleres Manuel Montes, Automóviles Celmar e Talleres J. Lema.
Ademáis, todas aquelas persoas que merquen o un vehículo durante a Semana Tola recibirán un regalo directo de 200 € para gastar en combustible; unha promoción especial que se converteu nun dos grandes atractivos da feira.
Feirauto, que xa vai pola súa 56ª edición, é unha das citas máis consolidadas da comarca no sector da automoción converténdose nun punto de encontro obrigado para quenes desexan mercar un coche.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Un fotógrafo compostelano conquista el LUX de Oro, el máximo galardón de la fotografía profesional de España