Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

25-N

Voces en contra das violencias machistas en Camariñas

Lembrarán ás vítimas do feminicidio diante da Muller Palilleira

A alcaldesa, Sandra Insua, esquerda, e a concelleira Begoña Tajes, presentando o programa.

A alcaldesa, Sandra Insua, esquerda, e a concelleira Begoña Tajes, presentando o programa. / C.

Camariñas

O Concello de Camariñas vén de presentar a súa programación para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un mes de actividades que combina cultura, sensibilización, participación social e educación en igualdade. Baixo o lema Sempre vivas, sempre libres, as propostas buscan implicar á veciñanza na loita contra todas as formas de violencia machista.

As actividades arrancan mañá, sábado 15 de novembro, coa III Xuntanza Voces contra as Violencias Machistas, ás 18.00 horas na Casa de Pedra. Ao remate, celebrarase un acto de lembranza ás vítimas de feminicidio diante da estatua da Muller Palilleira.

O día 21 presentarase a obra de teatro O meu camiño, unha peza centrada na reflexión sobre a igualdade e a superación persoal, e o día 24 terá lugar a actividade de narración oral Rosa e azul, dirixida ao alumnado do CEIP O Areal, unha proposta que aborda os estereotipos de xénero desde idades temperás.

Xa o día 25, no IES Pedra da Aguia lerase o manifesto institucional e presentarase un mural contra a violencia de xénero, e o Museo do Encaixe acollerá o Club de Bordado. O día 28 no CEIP Ponte do Porto haberá unha sesión de contacontos.

Tracking Pixel Contents