Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

HOMENAXE

Cee inmortaliza a figura e o legado do «eterno» bibliotecario Mon Rey Senra

Finado en abril, a sala da Hemeroteca e o Fondo Local xa leva o seu nome

A alcaldesa, á dereita, entregou o escudo e un diploma á viúva e á nai de Mon

A alcaldesa, á dereita, entregou o escudo e un diploma á viúva e á nai de Mon / Cedida

Cee

Veciños e veciñas, estudantes, representantes de asociacións e clubs e os fillos predilectos de Cee, o exministro Francisco Caamaño e o reumatólogo Francisco Blanco sumáronse este sábado á homenaxe a Mon Rey Senra, o «eterno» bibliotecario finado en abril.

Margot Lamela, esquerda, Francisco Caamaño, Marisé, e Francisco Blanco no acto.

Margot Lamela, esquerda, Francisco Caamaño, Marisé, e Francisco Blanco no acto. / Cedida

Unha lembranza que serviu para inmortalizar a figura e o legado de Mon que, dende onte dá nome á sala da Hemeroteca e o Fondo Local da Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee. O acto estivo presidido pola alcaldesa, Margot Lamela. «Hoxe, nesta casa da cultura, queda para sempre o nome de Mon, o noso bibliotecario, o noso amigo, o noso veciño», afirmou.

Parte dos asistentes ao acto celebrado na casa da cultura de Cee.

Parte dos asistentes ao acto celebrado na casa da cultura de Cee. / Cedida

A eternidade de Mon «está aquí, entre estas paredes, nas súas mensaxes, nos seus silencios, nas lembranzas de todos nós», engadiu a rexedora, quen desexou que a placa da renomeada sala «leve gravado o mesmo que ti deixaches gravado en nós: amor por Cee, servizo público, paixón pola cultura e xenerosidade sen medida».

Martín Castiñeira, esquerda, e Fernando Fraga puxeron a música.

Martín Castiñeira, esquerda, e Fernando Fraga puxeron a música. / Cedida

A alcaldesa fixo entrega á nai de Mon e a súa dona, Marisé, do escudo de solapa do Concello, así como do diploma acreditativo do título de distinción de honra.

No acto interviron tamén o escritor ceense Miro Villar e o técnico de Xestión Cultural, e amigo de Mon, Víctor Castiñeira. Non faltou tampouco a música, cunha actuación especial de Fernando Fraga, profesor de acordeón do Conservatorio Profesional da Coruña e director da Escola Municipal e da Banda de Música de Cee, e Martín Castiñeira, integrante da banda.

Tracking Pixel Contents