Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

25-N

'A voz silenciada' de Guadalupe Vázquez chega a Cee

A autora aborda a violencia de xénero na súa nova obra

Guadalupe Vázquez co seu libro 'A voz silenciada'

Guadalupe Vázquez co seu libro 'A voz silenciada' / Cedida

Cee

A mestra e escritora Guadalupe Vázquez Formoso presentará en Cee o libro A voz silenciada, unha obra que "naceu da conciencia, chamada a tratar un tema tan delicado como o da violencia de xénero", afirma a autora.

A cita é o luns 24 de novembro, véspera do 25N, a partir das 18.30 horas no auditorio da casa de cultura. Guadalupe estará acompañada pola alcaldesa de Cee, Margot Lamela; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a psicóloga e amiga, ademais de autora do prólogo, Guadalupe López Canosa.

O acto terá tamén acompañamento musical a cargo da Coral Polifónica Costa da Morte, a Agrupación Musical Chan das Lamas e Miguel Blanco ao piano.

Tracking Pixel Contents