Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INVESTIMENTOS

Dumbría recibe 1,4 millóns a través do Plan Único

A deputada Cristina Rey visitou varias das obras que están en execución

Xaime Trillo, esquerda, Cristina García e Raúl González, supervisando unha das obras.

Xaime Trillo, esquerda, Cristina García e Raúl González, supervisando unha das obras. / D. C.

Dumbría

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García Rey, reuniuse en Dumbría co alcalde, Raúl González, e parte da da corporación municipal para presentar o investimento en 2025 do Plan de Obras e Servizos da Deputación, que ascende a 1.391.115 euros.

Visitaron tamén os traballos de mellora no núcleo do Castro, unha das actuacións que, por un importe de 262.933 euros, o Concello dumbriés está a acometer coa achega do POS+ 2024. Con financiamento do Plan para 2025, ten xa outras obras adxudicadas, coma o acondicionamento de beirarrúas en Bustelo e as melloras do núcleo de Olveiroa, do camiño ao monte na Laxe (da parroquia do Ézaro, 61.679 euros), do viario da DP 3404 no límite do concello por Olveira (41.571 euros) e do viario de Filgueira a Santa Uxía e outros (78.883 euros).

Desde 2017, o POS+ deixou en Dumbría ata este exercicio un investimento total de 8.093.474 euros. "Eses números falan de estradas melloradas, espazos públicos renovados, servizos reforzados e infraestruturas que permanecen", afirmou a deputada provincial. “Non é”, engadiu, “un investimento ao azar: é un investimento pensado para garantir futuro no rural”.

A achega a Dumbría de case 1,4 millóns en 2025, subliñou, "é unha cifra histórica, que confirma o compromiso político da Deputación na cooperación cos concellos, que poden con eses cartos planificar, executar e responder”.

Pola súa parte, o alcalde, Raúl González, destacou o esforzo investidor do goberno provincial, que grazas a instrumentos como o Plan Único permite o financiamento de obras que, doutro xeito, non serían posibles para concellos como o de Dumbría, de menos de tres mil habitantes.

Tracking Pixel Contents