O Concello de Frades é seleccionado como exemplo provincial de boas prácticas en servizos sociais
Entre os servizos complementarios que impulsan atópase: podoloxía, perruquería, fisioterapia e estimulación cognitiva a domicilio, bono-taxi, préstamo de axudas técnicas...

O I Encontro Provincial dos Servizos Sociais Comunitarios tivo lugar no Pazo de Mariñán. / Cedida
Como xa acontecera en outubro de 2022, o Concello de Frades foi seleccionado pola Deputación da Coruña como "exemplo de boas prácticas en materia de servizos sociais" grazas aos seus innovadores programas neste ámbito. Así, o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, e a traballadora social municipal, María Villasenín, participaron no I Encontro Provincial dos Servizos Sociais Comunitarios, organizado polo Goberno provincial.
O encontro tivo lugar no Pazo de Mariñán, onde se reuniron responsables políticos e técnicos dos 93 concellos da provincia para reforzar a cooperación institucional e compartir boas prácticas en materia de servizos sociais. A exposición inicial correu da man de María Villasenín, quen expuxo a parte técnica dos servizos que se prestan así como a metodoloxía que se sigue en cada un deles.
De acordo cos datos de 2024, Frades está a prestar a domicilio os servizos de podoloxía (140 persoas usuarias con 524 servizos ao ano), fisioterapia (33 persoas usuarias con 632 servizos ao ano), perruquería (22 persoas usuarias con 99 servizos ao ano) e estimulación cognitiva (servizo que se estreou ese ano con 8 persoas usuarias e 160 servizos ao ano).
A maiores, o Concello de Frades dispón dun servizo de bono-taxi, para desprazamentos a centros de saúde e citas médicas en Compostela (con sete persoas usuarias e 42 servizos prestados en 2023), e dun sistema de préstamo de axudas técnicas (cadeiras de rodas, muletas...) que beneficiou a seis veciños e veciñas.
Finalmente, a última iniciativa posta en marcha en 2024 (axuda para gastos oftalmolóxicos, odontolóxicos ou auditivos) beneficiou a cinco persoas e supuxo un investimento de 6.530 euros. Unhas medidas que o Concello complementa ao longo do ano convocando sesións de balneario, saídas á praia ou ximnasia de mantemento nas parroquias.
281 veciños e veciñas beneficiados
“En total, 281 veciños e veciñas de Frades que viron mellorada a súa calidade de vida, o seu benestar e a súa autonomía persoal”, resumiu Manuel Ferreiro, quen explicou que “en Frades, os servizos sociais son o noso selo de identidade".
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques