Os negocios locais súmanse en masa á campaña de descontos 'Bonos Padrón'
Os establecementos poden inscribirse ata o 25 de novembro

Poden participar todos os negocios con actividade no municipio, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante.. / Cedida
O Concello de Padrón mantén aberto o proceso de adhesión dos establecementos interesados en participar na primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, unha iniciativa do goberno municipal destinada a incentivar as compras e o consumo nos negocios locais durante o mes de decembro.
Desde a posta en marcha do formulario de rexistro, a resposta do tecido comercial, de hostalería e hospedaxe está a ser moi positiva, con numerosos locais incorporados nas primeiras xornadas e múltiples consultas doutras empresas interesadas en participar. "Esta acollida confirma o potencial da campaña como ferramenta de dinamización económica", destacan fontes municipais.
O prazo para inscribirse permanece aberto ata o martes 25 de novembro a través da web bonospadron.gal, onde se poden consultar tamén as condicións e bases completas. Poden participar todos os negocios con actividade no municipio, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante.
2.000 vales desconto de 10 €
A iniciativa conta cun investimento de 20.000 euros de fondos propios do Concello, e contempla a distribución de 2.000 bonos de 10 euros, aplicables a compras iguais ou superiores a 20 euros realizadas entre o 1 e o 31 de decembro nos establecementos adheridos. A entrega dos bonos será presencial a partir do 1 de decembro, cun período inicial reservado ás persoas empadroadas en Padrón.
Os tickets deberán empregarse nun único establecemento e non se trocarán por efectivo. Nos casos de devolución, deberá emitirse un vale polo importe total da compra. Os negocios adheridos presentarán os bonos e os correspondentes tíckets entre o 1 e o 16 de xaneiro de 2026 para recibir o reembolso municipal.
- El amor sonó más fuerte que la música: la pedida de mano compostelana en el concierto de David Bisbal en A Coruña
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Huelga de buses en Santiago: los piquetes impiden otra vez que salgan los servicios mínimos de Amio
- La Rúa dos Loureiros estrena una pequeña plaza y abre al tráfico
- Un fuerte accidente entre dos coches se salda con una mujer herida en Vidán
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»