ACTO
O CEIP Milladoiro de Malpica, exemplo de que "é posible unha escola en galego"
O presidente da Real Academia entregoulle o I Premio Na lingua que eu falo

Noelia Freijeiro, esquerda, Eduardo Parga, Henrique Monteagudo, Fina Casalderrey, Ana Seone e Soledad Agra, no acto celebrado en Malpica. / MONCHO FUENTES
O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños recibiu o I Premio Na lingua que eu falo, creado pola Real Academia Galega coa vontade de recoñecer iniciativas, experiencias ou persoas que, sexa no ámbito escolar ou noutros espazos, destaquen polo seu traballo a prol da normalización do galego entre os nenos e nenas.
«Dise que a infancia é o territorio da esperanza e do futuro, e no CEIP Milladoiro confírmase que o é. Nesta escola escríbese o presente e o mañá, o persoal e o que compartimos, na nosa lingua, e faise con naturalidade, autoestima e creatividade. A súa comunidade educativa simboliza, parafraseando a Castelao, a enerxía colectiva que nunca perece», salientou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo.

A directora, Ana Seoane, no centro, co premio outorgado pola RAG. / MONCHO FUENTES
Con este recoñecemento, engadiu, a institución aplaude, en primeiro lugar, o labor do equipo docente do CEIP Milladoiro, «que dá o mellor de si cada día para educar cidadáns e cidadás comprometidos cun mundo mellor, desde a renovación pedagóxica e en galego, transmitíndolle ao alumnado o afecto pola lingua, consciente da importancia do emotivo na consolidación de valores e prácticas».
O CEIP Milladoiro «demostra que é posible, necesario e desexable unha escola en galego. A súa experiencia é un excelente exemplo de como os centros educativos poden ser, no canto de axentes de desgaleguización, como ocorre en tantos casos, espazos de reforzo e de agarimo pola lingua, vinculándoa ademais á tamén necesaria renovación pedagóxica e á transmisión dos nosos valores como pobo e da nosa identidade, en consonancia co pensamento de Castelao que conmemoramos este ano», subliñou.

Monteagudo, esquerda, Parga, Agra e Freijeiro, no acto. / MONCHO FUENTES
A directora do CEIP Milladoiro, Ana Seoana Cives, sinalou que «educar en galego é unha expresión do noso compromiso coa cultura e coa sociedade que nos arrodean. É educar desde a raíz, transmitir valores e formar persoas conscientes da súa orixe e da súa capacidade para transformar o mundo desde o que son. En Malpica o galego é máis ca unha lingua: é un reflexo da nosa maneira de sentir, de vivir e de relacionarnos co mar, coa terra e coa xente».
No acto participaron tamén o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; a deputada provincial de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Soledad Agra e a académica Fina Casalderrey.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques