Ribeira festexa Santa Icía cunha fin de semana de concertos ao ritmo das corais polifónicas
Os concertos serán este venres e sábado pola noite na igrexa parroquial de Santa Uxía
A entrada é gratuíta ata completar aforo

A edila de Cultura, Ana Barreiro suxeitando o cartel da cita con membros das corais.
O 22 de novembro non é un día calquera para os amantes da arte, xa que é a celebración de Santa Icía, patroa da música e dos profesionais que cultivan esta afición. Con este motivo, o Concello de Ribeira organiza esta fin de semana un ciclo de concertos (de entrada libre) protagonizados polas corais polifónicas de Ribeira e do Mercantil na igrexa parroquial de Santa Uxía, nos que particpará tamén a Unidade Pastoral de Ribeira.
O primeiro espectáculo terá lugar o venres 21 de novembro ás 20.00 horas, cando a Coral Polifónica Municipal de Ribeira interpretará trece temas (cantos á virxe e contido máis variado). Tocarán pistas do ano pasado e traerán novidades. Ave María, As catro antífonas marianasMiserereChristus Vincit ou Himno a Santa Icía son algunhas das propostas musicais que achegarán ao público. "É un importante salto cualitativo e de valor cultural", destacou o seu director, Alexandre Fontán.
O sábado 22 ás 20.30 horas será a quenda da Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira, que tocará seis cancións como Viento del Norte, PeregrinoEl mar y Diosou Salve Rociera.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques