EQUIPAMENTOS
Trazo merca unha retroexcavadora para a brigada medioambiental
Recibiu unha axuda de 30.000 € do Fondo de Compensación

A delegada da Xunta e a alcaldesa, á esquerda, no acto de entrega da retroexcavadora. / X. G.
A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, presentaron unha retroexcavadora adquirida polo Concello cunha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental competitivo para dar servizo á brigada ambiental coa que conta este municipio.
Esta maquinaria polivalente permitirá executar traballos de conservación, retirada de residuos, recuperación de espazos e actuacións en situacións de emerxencia ambiental.
O obxectivo é dotar á brigada medioambiental dos recursos técnicos necesarios para levar a cabo actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, recuperar zonas degradadas ou contaminadas, protexer o medio ambiente e os espazos naturais e á recollida e traslado de residuos.
A brigada actúa en todo o municipio, unha área rural cunha gran diversidade: marxes de ríos, zonas arboradas, lagoas e múltiples espazos naturais de elevado valor. A dispersión da poboación e as características do medio rural fan imprescindible contar cun servizo dotado de equipamento axeitado para actuar con rapidez ante calquera incidencia.
«A Xunta mantén o seu apoio aos concellos e promove unha xestión eficiente e responsable dos recursos naturais», afirmou Do Campo.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago