Ames achegará a súa veciñanza á igualdade o 28 de novembro
Mabel Lozano impartirá o obradoiro 'Ponte na súa pel'
Haberá tamén un faladoiro sobre mitos da prostitución e trata sexual

Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Perozo participarán nas xornadas. / Cedida
O Concello de Ames celebrará o venres 28 de novembro a décimo quinta edición das xornadas Achégate á Igualdade, que este ano ten por lema «nin mercadoría nin silencio: xornadas contra a trata e a explotación sexual». Os encontros, gratuítos e con prazas limitadas, terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro.
A edil de Igualdade, Uxía García, adiantou na presentación dos actos que para esta edición contarase «cunha convidada de excepción como é Mabel Lozano, coñecida polo seu labor de denuncia social contra a trata e a explotación sexual de mulleres».
A recoñecida escritora, directora de cinema, actriz e activista impartirá o obradoiro Ponte na súa pel, de 10.15 a 11.45 horas.
Desvelando crenzas
Deseguido, será a quenda da doutora en socioloxía, profesora da Universidade de Vigo, e co-fundadora de rede galega contra a trata, Silvia Pérez, e da escritora, xornalista e produtora audiovisual e teatral, Llerena Perozo, que realizarán conxuntamente o obradoiro Desvelando mitos da prostitución e trata sexual, de 12.30 a 14.00 horas.
Os interesados en participar deben inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com.
«Agardamos ter o éxito de participación que tivemos en edicións anteriores e que se inscriba moita xente para participar nos obradoiros e faladoiros que se van a realizar», declarou Uxía García sobre a cita.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques