VISITA
O PP comprométese a traballar para reforzar a seguridade no litoral da Costa da Morte
Paula Prado di que insistirán ante o Goberno central

Paula Prado, esquerda, e Paula Mouzo no paseo marítimo de Camariñas. / Cedida
O Partido Popular de Galicia comprométese a seguir "traballando e insistindo" para que o Goberno central se implique e reforce a seguridade do litoral galego, para así poder facer fronte a ameazas como as que supoñen o narcotráfico ou a inseguridade cidadá nos concellos da Costa da Morte.
Así o puxo de manifesto a secretaria xeral Paula Prado na visita que realizou esta tarde a Camariñas xunto á líder local do partido, Paula Mouzo, os integrantes do grupo municipal e outros representantes do PP na comarca, así como o secretario xeral provincial Evaristo Ben. Unha visita na que reivindicaron que o PPdeG “é o partido que máis se preocupa por Camariñas e pola Costa da Morte”.
Citou como exemplo subliñou a aprobación –por unanimidade– de iniciativas nas que se reclamaba unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Camariñas e o reforzo e ampliación dos medios persoais, materiais e tecnolóxicos deste corpo.
Tamén por unanimidade e por iniciativa do PPdeG, o Parlamento ten solicitado ao Goberno central que estableza como principais os postos da Garda Civil de Vimianzo e Corcubión, de xeito que se poidan dotar dun maior número de efectivos.
“Son cuestións imprescindibles para o reforzo da seguridade no litoral galego, pero o Goberno de Sánchez, que é o que ten as competencias, non parece querer atendelas”, denunciou ao tempo que afeaba á alcaldesa socialista de Camariñas “non parecer moi preocupada” por esta cuestión e facía un chamamento a demostrar “unha postura firme de todos” contra a lacra do narcotráfico.
Menos inversión por habitante
Paula Prado avaliou tamén a situación de Camariñas subliñando o “récord negativo que supón ser o concello con menos inversión por habitante da Costa da Morte. Inviste pouco máis de 106 euros por veciño", afirmou.
Seguridade dos cidadáns
Pola súa banda, Paula Mouzo agradeceu ao partido que atendese a demanda de “máis medios de seguridade” na Costa da Morte. "É un tema que preocupa moito porque necesitamos máis medios para velar pola seguridade dos cidadáns e loitar contra o narcotráfico”, subliñou a líder do PP de Camariñas.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques