Decepción en Oroso polos atrasos da Deputación na remodelación da Avenida da Grabanxa: "A sensación é de pouca seriedade"
Dende o Concello din que a institución provincial solicita refacer o proxecto completo para incorporarlle un levantamento topográfico, o cal defenden que xa enviaron en plazo

Imaxe virtual de como se planea que quede a avenida tralas obras. / Cedida
O Alcalde de Oroso manifestou nun comunicado a súa crecente decepción polos continuos atrasos da Deputación da Coruña na posta en marcha da obra de remodelación integral da Avenida da Grabanxa, "un proxecto esencial para a mobilidade, a seguridade viaria e a modernización dos servizos municipais", apuntan dende o Concello.
No documento explican que o Goberno provincial, en lugar de licitar a actuación cando emitiu un informe sectorial favorable en maio de 2024, enviou un novo requerimento técnico á Administración local. Este foi un levantamento topográfico, o cal sinalan que "foi realizado e remitido polo Concello en prazo, tal e como se pediu".
Con todo, din que recentemente "chegou un novo requerimento, esixindo agora refacer o proxecto completo para incorporarlle o levantamento topográfico xa enviado". "Un cambio de criterio que non só atrasa o inicio das obras, senón que introduce dúbidas sobre o funcionamento e a coherencia do proceso", denuncian.
O alcalde de Oroso, declara que "o Concello cumpre puntualmente con todos os requisitos técnicos, administrativos e sectoriais, polo que non se entende que en lugar de avanzar cara á licitación se estea entrando nunha dinámica de requirimentos sucesivos que atrasan unha obra fundamental".
Doval lamenta que "o Presidente da Deputación non responda ás chamadas nin manteña unha comunicación directa", situación a cal que lle fai crer que "a sensación é de pouca seriedade e de pouca vontade real de sacar adiante esta actuación tan necesaria e comprometida diante de todos os veciños en 2023".
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo