A Deputación replícalle a Oroso: debe reformular o proxecto da Avenida da Grabanxa
Ante as queixas do Goberno local, explica que para poder executar as obras é preciso ter un levantamento topográfico previo e non incluído a posteriori

Proxecto de remodelación integral da Avenida da Grabanxa, en Oroso / CEDIDA

A Deputación da Coruña saíu onte ao paso das críticas do alcalde de Oroso, Álex Doval, sobre o atraso na posta en marcha da remodelación integral da Avenida da Grabanxa. Segundo o rexedor, o «cambio de criterio» da entidade provincial sobre a documentación requerida impediu de momento o inicio das obras.
En resposta, a Deputación indica que o proxecto remitido polo Concello foi considerado polos servizos técnicos provinciais como «inexecutable», ao carecer dun levantamento topográfico previo, «un documento imprescindible e obrigatorio en calquera obra pública».
Engade que a ausencia dese estudo implica que o proxecto «invadiría parcelas privadas, non respecta criterios de accesibilidade e incumpre varios requisitos técnicos mínimos necesarios para garantir a correcta execución das obras».
Explican, ademais, que, ante os requerimentos da Deputación, o Concello encargou un levantamento posterior e incorporouno como adenda, sen reformular o proxecto no seu conxunto. Unha solución que, di a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, «non é válida tecnicamente».
Fontes da Deputación apuntan que nunca antes recibiran un proxecto sen esa documentación esencial e aseguran que as obras serán executadas, pero só cando o proxecto sexa «tecnicamente completo, executable e conforme á normativa vixente».
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo