Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AUTOMÓBIL

Comprar coche en Feirauto ten premio: 200 € en combustible e financiación ata 10 anos

A feira de Baio celebra a Semana Tola do 24 ao 30 de novembro

Manuel Martínez, esquerda, Julio Lema, Manuel Muíño, José Gabín y Manuel Montes, presentando Feirauto.

Manuel Martínez, esquerda, Julio Lema, Manuel Muíño, José Gabín y Manuel Montes, presentando Feirauto. / J. M. R.

A Semana Tola da 56 edición de Feirauto, que se celebrará en Baio (Zas) do 24 ao 30 de novembro, ofrecerá as últimas novidades do sector do automóbil e as mellores ofertas do momento nunha gran variedade de vehículos seminovos e de ocasión.

A cita foi presentada nun acto presidido polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen subliñou que Feirauto "volve converter Baio na capital do automóbil da Costa da Morte". Esta feira, engadiu, "leva moitos anos sendo un referente do sector e para nós é un orgullo poder apoiar este tipo de iniciativas, pois Feirauto é case historia viva do noso concello". Cada ano, destacou, "sorpréndenos a súa capacidade de evolución e como se vai modernizando".

Pola súa banda, Julio Lema, un dos organizadores de Feirauto, agradeceu "a colaboración do concello" e animou a acudir a Baio na vindeira semana porque "todo o mundo que se achegue aos nosos talleres seguro que vai atopar o que busca. Temos vehículos de moita calidade e ofrecemos unhas moi boas condicións de financiamento, ata 10 anos e sen entrada".

A maiores, subliñou, quen merque un coche será agasallado cun bono de 200 euros en combustible, "polo que marcharán co depósito cheo e con fondos para dúas ou tres repostaxes". Indicou ademais que "este é un bo momento para comprar un vehículo, e durante a Semana Tola teremos un prezos especiais". 

A organización corre, un ano máis a cargo da Asociación do Automóbil de Baio coa colaboración da Federación de Empresarios de Costa da Morte (Fecom) e do Concello de Zas. Os concesionarios participantes son: Talleres Manuel Montes, Automóviles Celmar e Talleres J. Lema.

Tracking Pixel Contents