Novas canles para a tradición: a RAG sintoniza coa mocidade
Muxía acolleu o simposio que pechou a programación das Letras Galegas

Pola esquerda, María López-Sández, Javier Sar, Henrique Monteagudo e Valentín García. / Cedida
O Parador de Muxía acolleu o simposio co que a Real Academia Galega pechou o programa das Letras Galegas, dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral. Un programa que «contribuíu á visibilidade e ao apoderamento das cantareiras de cada concello, de cada parroquia, que foron homenaxeadas en todos os recantos do país», sinalou o presidente da RAG, Henrique Monteagudo.
«Se algo nos emociona é constatar a positiva recepción da xente máis nova, que goza da tradición, que lle abre novos vieiros e que conecta a través dela co uso e o coñecemento da lingua galega», engadiu. Monteagudo inaugurou o simposio xunto á académica María López-Sández; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e o alcalde de Muxía, Javier Sar.
«Estas Letras Galegas permitiron dalgún modo unir dous ámbitos: o da cultura de masas e o asociacionismo e a alta cultura», sinalou López-Sández, quen engadiu que «as novas xeracións están a retomar o legado da tradición, empregando novas canles».
Ana Boullón, impulsora da candidatura, dixo que «a tradición ten que adaptarse aos novos tempos para sobrevivir. As novas figuras da música tradicional é o que están a facer, e é o que precisamos para conseguir oíntes entre a mocidade».
Para o músico Xabier Díaz «estas foron as Letras Galegas máis expansivas; acadaron un achegamento moi importante á sociedade». Pola súa banda, a etnomusicóloga Xulia Feixoo sinalou que «a tradición das nosas cantareiras demostra que a voz colectiva foi un modo de facer comunidade, de crear vínculo e de habitar o territorio».
O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro
«A violencia contra as mulleres deixou pousos no cancioneiro: nenas abusadas, as mozas marmuradas, as traballadoras ou as vellas», explicou a profesora, cantareira e tocadora Branca Villares. Domingo Blanco, investigador no ámbito da literatura galega de tradición oral, dixo que «as regueifas son un xénero absolutamente rural e constituíron un espectáculo popular de moito éxito. En Bergantiños acadaron grande sona as competicións que facían as comisións de festas».
Sergio de la Ossa: «A música é soporte da memoria»
«A música é soporte da memoria. Hai versos que os portadores da tradición son incapaces de recuperar da memoria se non é cantándoos. E ao cantar, o texto pon a roupa dun día de festa, reálzase, o que se canta convértese nun acontecemento memorable», explicou na súa intervención o musicólogo Sergio de la Ossa.
Marcial Valladares
Manuel Rico Verea falou da historia dos cancioneiros galegos a partir de nove melodías tradicionais recollidas e harmonizadas para piano por Marcial Valladares, «considerado o primeiro galego que realizou unha compilación da música tradicional de Galicia».
A agrupación da Asociación Cultural Abaladeiras de Muxía puxo o ramo ao simposio cunha actuación musical.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Un despiste en un horno de una vivienda del Ensanche obliga a intervenir a los Bomberos de Santiago