Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A padronesa Inés Mosquera gaña o premio de poesía Lorenzo Baleirón

Fíxose co galardón que convoca o Concello de Dodro coa obra Upupú, presentada baixo o lema A ditadura da bubela

Inés Mosquera Calvo.

Inés Mosquera Calvo. / Cedida

Dodro

O xurado do XXXVIII Certame de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo Concello de Dodro, proclamou vencedora á poetisa padronesa Inés Mosquera Calvo pola súa obra Upupú, presentada baixo o lema A ditadura da bubela.

Nesta edición presentáronse 42 obras. Inés Mosquera Calvo naceu en Carcacía (Padrón) en 1992. É graduada en Educación Primaria, especializada na docencia de linguas estranxeiras e cun mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Exerce como tradutora.

O xurado do certame destacou que a obra gañadora é «unha poética concibida dende a linguaxe do animal, coa súa mesma axilidade e instinto». A entrega do premio será o 13 de decembro no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón ás 17.30 horas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents