Comeza en Lalín a gravación do Himno Cooperativista Galego
A iniciativa está promovida pola Federación Galega de Bandas e a Federación Coral Galega, en colaboración coa Xunta e o Concello

Pola esquerda, Begoña Blanco, Marta Mariño e Valentín García, este domingo ao inicio da gravación do Himno Cooperativista Galego. / Cedida
Lalín converteuse este domingo no epicentro da música cooperativa galega coa gravación do Himno Cooperativista Galego, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Bandas e a Federación Coral Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia e do Concello de Lalín.
A sesión de gravación ten lugar na Sala Tuno Valdés do auditorio municipal, e reúne músicos e coralistas de distintos puntos xeográficos nunha xornada especialmente pensada para poñer en valor o movemento cooperativista e a súa identidade cultural, que suporá un punto de encontro entre o movemento coral e as bandas.
Ademais da sesión musical, realizarase un vídeo oficial da gravación destinado á difusión do himno, que se estreará o Día Internacional das Cooperativas.
Á gravación asistiron a concelleira de Cultura, Begoña Blanco; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.
Este encontro reforza o papel do municipio lalinense como referente galego na promoción da música e da creación colectiva.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Un fotógrafo compostelano conquista el LUX de Oro, el máximo galardón de la fotografía profesional de España