INFRAESTRUTURAS
Ames licita a mellora dos viarios da aldea de Lapido
O orzamento é de 140.271 € e sufragarase con fondos do POS

Viarios interiores da aldea de Lapido, na parroquia de Ortoño. / C. Ames
Redacción
O goberno de Ames aprobou o expediente de licitación das obras de reparación e mellora da pavimentación dos viarios de Lapido, na parroquia de Ortoño. O orzamento ascende a 140.271,95 euros, e o proxecto sufragarase con cargo a fondos do POS+ 2025 dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.
A achega provincial de 2024 do POS+ 2025 está dotada con 747.709,95 euros e inclúe a pavimentación de viarios na aldea de Barreiro; a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo; as obras de pavimentación do viario de Capeáns a Pousada; a reparación e a mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Lapido; e o proxecto de mellora das rúas Rueiro, Telleira e mailo treito inicial do camiño do Rueiro en Bertamiráns, así como o acondicionamento do viario que vai dende A Condomiña ata As Punxeiras, na parroquia de Ortoño. Ademais, dentro do POS principal recóllese o acondicionamento da rúa Agro da Vella, situada no Milladoiro, que conta cun orzamento de 326.160,41 euros.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que «este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros».
Destes seis proxectos, engade, «cinco xa están en fase de licitación e só falta por licitar a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo».
- Así será el invierno en Galicia después de un otoño 'extremadamente cálido
- La joven promesa musical de Milladoiro: 'Sempre quixen ser violinista
- Santiago tendrá un vuelo directo a Ámsterdam el próximo verano operado por KLM
- Almeja babosa a 50€/kg y besugo a más de 70 a diez días de Nochebuena
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- El barrio de Santiago que celebrará la Navidad por todo lo alto: 'Haberá moita música e demais sorpresas!
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- Roban el Grinch de una de las casas más adornadas de Santiago en Navidad: 'Supoñemos que foron eles