TELECOMUNICACIÓNS
Cee pon fin ao illamento tecnolóxico de Lires con cobertura móbil estable
Os trámites para instalar o repetidor alongáronse cinco anos

Núcleo rural da parroquia de Lires, en Cee. / Liresca
O Concello de Cee puxo fin este luns a "décadas de illamento tecnolóxigo" da parroquia de Lires coa posta en funcionamento do repetidor de telefonía móbil, que garante por primeira vez cobertura estable neste núcleo, segundo confirmou a alcaldesa, Margot Lamela.
A nova infraestrutura ofrece cobertura para o operador Vodafone, adxudicatario da licitación autonómica, e queda preparada para a posible ampliación a outros operadores.
Remata así "un proceso longo, técnico e complexo impulsado e coordinado polo Concello de Cee", afirma a rexedora, que asumiu o seguimento directo de cada fase.
Os trámites comezaron en febreiro 2020 coa adhesión ao convenio Amtega–Fegamp, pero a crise sanitaria da Covid-19 provocou retrasos administrativos e técnicos en múltiples organismos e operadoras, "ralentizando inevitablemente a tramitación e a coordinación interadministrativa", subliña Margot Lamela.
En decembro de 2021, a Xunta concedeu unha subvención ao operador Vodafone para mellorar a conectividade en núcleos illados, incluído Lires, e en febreiro de 2022 Retegal iniciou os estudos técnicos de ubicación tras as xestións municipais. No 2023 o Concello tramitou a adquisición dos terreos e puxo a disposición de Amtega os mesmos, outorgou as autorizacións para a canalización eléctrica soterrada e executou as obras de mellora do acceso á parcela.
En novembro do pasado ano instalouse a torreta de telefonía móbil e logo das xestións antes Costas, Patrominio e outros organismos dos permisos necesarios, o pasado luns, 24 de novembro, por fin, Lires conta xa con cobertura móbil.
Un paso decisivo
Margot Lamela, asegurou que "hoxe damos un paso decisivo. Como alcaldesa tiña claro que era imprescindible poñer fin a unha situación de desigualdade tecnolóxica que Lires padecía desde facía décadas. Sabía que sería un procedemento difícil, que esixiría un traballo constante e unha coordinación intensa con diferentes administracións e organismos, pero tamén sabía que era unha prioridade para a veciñanza e que non podiamos permitir máis retrasos".
A entrada en servizo deste repetidor, engadiu, "mellora a seguridade, facilita o día a día das persoas que viven aquí e incrementa o atractivo dun lugar único. Hoxe Lires deixa atrás un problema histórico, e como alcaldesa podo dicir con orgullo que cumprín co compromiso adquirido coa súa xente".
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques