CONVENIO
Concello de Carballo e Vieiro unidos en prol da prevención de condutas adictivas
Cocaína e alcohol son as substancias máis consumidas

Fina Rey, segunda esquerda, e Daniel Pérez, asinaron o convenio. / C. Carballo
O Concello de Carballo e a asociación Vieiro asinaron o convenio para avanzar no ámbito da prevención das adiccións en todos os ámbitos. O acordo, asinado polo alcalde, Daniel Pérez, e a presidenta de Vieiro, Fina Rey, tamén inclúe os servizos de información, orientación, asesoramento e atención xurídico-social que presta a entidade tanto ás persoas toxicómanas coma ás súas familias, e puntualmente fináncianse os gastos de asistencia a centros de rehabilitación, programas de desintoxicación ou de inserción para a inclusión social das persoas con condutas adictivas que carecen de recursos.
Máis de 260 solicitudes de apoio
O ano pasado foron atendidas 263 solicitudes de información, orientación e asesoramento, 34 delas de xeito presencial, na sede cedida polo Concello de Carballo á asociación Vieiro na avenida da Cristina, e 229 por teléfono.
O primeiro motivo das consultas son os programas de prevención, seguidos da orientación ás familias para o manexo de condutas de risco e, en terceiro lugar, os centros de deshabituación, sobre todo por consumo de cocaína e alcohol, que é a substancia máis consumida polas persoas que se poñen en contacto coa entidade.
Doce persoas foron derivadas a centros especializados como Proxecto Home, a Unidade de Condutas Adictivas (UCA) do Concello de Carballo ou Grupo Noroeste.
Vieiro tamén ten en marcha un programa de atención xurídico-social para persoas con calquera tipo de adicción que teñan problemas legais pendentes, que prestou asistencia o ano pasado a 45 persoas: o 90% eran homes, e máis da metade iniciáranse no consumo entre os 19 e os 24 anos.
En colaboración cos centros educativos tamén desenvolve proxectos específicos para distintos niveis, tanto de primaria coma de secundaria, ademais das xa históricas escolas de nais e pais.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza