Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO

A Estrada solicita á Xunta a reversión das dúas edificacións dos xulgados

O obxectivo é reubicar nelas servizos municipiais

Edificios dos xulgados que quere recuperar o Concello da Estrada.

Edificios dos xulgados que quere recuperar o Concello da Estrada. / Cedida

Redacción

A Estrada

O alcalde, Gonzalo Louzao Dono, confirmou que o Concello da Estrada formalizou ante a Dirección Xeral de Xustiza o interese de que revertan ao patrimonio público municipal as dúas edificacións que ata o de agora son sede das dúas salas do partido xudicial estradense, unha vez se teña completado o traslado destas ao novo edificio xudicial da Baiuca.

«Co traslado que se está facendo á zona da Baiuca quedan en desuso estas dúas edificacións e están en perfecto estado de conservación», sinalou o rexedor. Contrapuxo este estado ao que presenta, por exemplo, o inmoble do antigo centro de saúde, unha reversión que tamén solicitou o Concello pero que, atendendo ao resultado das últimas negociacións, suporía un importante desembolso por parte das arcas locais.

«As dúas sedes serían de interese para determinados servizos municipais que xa temos ou que podamos ter no futuro», sinalou Louzao, que non ocultou que unha das necesidades máis urxentes sería aloxar o servizo de Atención Temperá.

Esta unidade atópase actualmente nunhas instalacións de titularidade privada, concretamente nun piso alugado na Avenida Benito Vigo, moi preto do Xulgado Número 1. «Coa súa ampliación de horario precisa ter dependencias máis amplas», sinalou o rexedor.

Tracking Pixel Contents