Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025
Pequenos pasos para grandes avances en Dodro
Un grupo de veciñas paseou polo Xardín dos Valores para reafirmar o deber de erradicar o machismo

Integrantes da andaina polo Xardín dos Valores. | CEDIDA
O Concello de Dodro leva todo o mes a desenvolver diversas iniciativas co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este sábado tivo lugar unha andaina polo Xardín dos Valores, un emotivo percorrido circular pola contorna municipal que, a través de pequenas placas, vai sementando principios fundamentais como a prevención, a equidade, a liberdade, a igualdade, o empoderamento, a xustiza, a seguridade e a fortaleza.
Cada ano, neste espazo simbólico, plántanse novas árbores como lembranza viva de que a loita contra a violencia de xénero debe seguir medrando e fortalecéndose. Durante a actividade, as persoas participantes tiveron tempo para reflexionar e dialogar sobre o papel que cada quen pode asumir para contribuír á erradicación da violencia machista.
Ao mesmo tempo, o concello instalou nova cartelería nas entradas dos centros educativos e nas principais vías de acceso ao municipio.

Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025
Día da Eliminación da Violencia contra a Muller 2025Para pechar a programación, hoxe ás 12.00 horas lerase no Concello o comunicado emitido pola Fegamp con motivo desta data. Con todas estas iniciativas, Dodro reivindicase coma un municipio loitador contra esta lacra.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques