25-N
Reflexión e música acompañaron 'A voz silenciada' de Guadalupe Vázquez en Cee
Ao acto sumáronse o director xeral da Lingua e a alcaldesa

Guadalupe Canosa, esquerda, Valentín García, Margot Lamela e Guadalupe Vázquez. / Cedida
O auditorio de Cee acolleu a presentación do libro A voz silenciada, unha obra de Guadalupe Vázquez Formoso que naceu da conciencia, chamada a tratar un tema tan delicado como o da violencia de xénero.
A protagonista é Felisa, unha muller que, segundo relata a autora, aínda que ri "ás veces" e de nena a chamaban "Felisa a felís", leva a "procesión por dentro". A súa e unha historia "moi complexa" que ela mesma resume en tres palabras: "Vivo cun monstro". Cada día pregúntase "canto tempo poderei seguir aturando?".
Guadalupe Vázquez estivo acoampañada pola alcaldesa, Margot Lamela; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e a psicóloga clínica, Guadalupe López Canosa, autora do prólogo do libro. Miguel Blanco, profesor de música no IES Agra de Raíces, acompañou a presentación co seu piano na lectura duns fragmentos da obra, e a Coral Polifónica Costa da Morte deleitou aos asistentes con catro cancións.
A rexedora ceense sinalou que "Cee abriu hoxe as portas a unha obra que conmociona, cuestiona e transforma. A voz silenciada é un libro que nos obriga a parar, respirar e mirar a realidade doutra maneira".
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques