ACCIÓN COMUNITARIA
Nemiña recupera a antiga escola para actividades sociais
A asociación de veciños recibiu unha axuda de 12.000 €

Natalia Prieto, á dereita, e Sandra Vilela, segunda, con veciños de Nemiña. / X. G.
A asociación veciñal San Cristóbal de Nemiña, en Muxía, acondicionou a antiga escola como local social co apoio da Xunta de Galicia, que aportou 12.000 euros a través do Plan específico de acción comunitaria deste ano. Os traballos consistiron no acondicionamento do tellado, pintado de fachadas e interiores e substitución das ventás por outras máis eficientes. A maiores, instalouse unha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida co obxectivo de facilitar a accesibilidade.
Unhas actuacións que foron supervisadas pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola tenente de alcalde, Sandra Vilela.
Prieto sinalou que a referida orde de subvencións incrementou este ano o orzamento a catro millóns de euros -un máis que en 2024- para dar resposta ao volume de solicitudes en convocatorias previas. De feito, resultaron beneficiarias 454 actuacións, fronte ás 341 do ano pasado. No caso da provincia da Coruña houbo 60 entidades beneficiarias que recibiron unha achega global de 549.500 euros para impulsar 72 proxectos.
Estas achegas están dirixidas a asociacións veciñais, de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas. Enmárcanse «no compromiso do Goberno galego co asociacionismo, polo importante traballo que desempeñan na dinamización da vida local e na mellora da calidade de vida da cidadanía. Por iso, nos orzamentos da Xunta para 2026 se consolida o apoio de catro millóns», subliñou Prieto.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza