Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alcalde de Arzúa analiza con Agader as necesidades do rural do municipio

No encontro abordaron o proxecto da ponte de Maroxo, o cal o rexedor destacou que "non pode ser asumido en solitario polo Concello"

Xoan Xesús Carril, no centro, durante o encontro con Agader.

Xoan Xesús Carril, no centro, durante o encontro con Agader. / Cedida

Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, mantivo este martes unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez. O obxectivo deste encontro foi trasladar ás diferentes administracións públicas as necesidades en materia de infraestruturas do rural de Arzúa.

Na cita expuxéronse cuestións relacionadas coa mellora da rede viaria, o estado das infraestruturas básicas e outras demandas nas que o Concello leva meses traballando.

Entre os asuntos tratados destacou o proxecto da ponte de Maroxo, cun investimento previsto de arredor de 300.000 euros. O alcalde lembrou a complexidade técnica desta actuación e que, pola súa envergadura económica, "non pode ser asumida en solitario polo Concello". Por este motivo, trasladou a necesidade dunha coordinación efectiva entre institucións para "garantir o financiamento da obra sen comprometer os orzamentos municipais".

Carril agradeceu a boa disposición mostrada durante a reunión e subliñou que “a colaboración entre institucións é imprescindible para que proxectos desta dimensión poidan avanzar con garantías, especialmente cando requiren unha parte tan significativa dos recursos económicos dos que dispoñemos no Concello”. Ademais, avanzou que este encontro foi o primeiro dunha serie de reunións previstas para seguir trasladando ás administracións competentes as prioridades de Arzúa e favorecer avances nos proxectos que se están a desenvolver desde o Concello.

Tracking Pixel Contents