EVENTO
Deporte e solidariedade coas familias con nenos oncolóxicos en Carballo
Participarán un cento de parellas e haberá unha fila cero

O alcalde, segundo esquerda, presidiu o acto de presentación do torneo. / Cedida
O torneo solidario de pádel Concello de Carballo, organizado por Miclub Pádel a beneficio de Asanog, cumpre once anos. O alcalde, Daniel Pérez; a concelleira de Servizos Sociais, Maica Ures; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; o presidente de Miclub, Manuel Pallas, e o tesoureiro da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog), o carballés Gonzalo Cabeza, presentaron o cartel desta nova edición, na que están anotadas un cento de parellas.

Cartel promocional do torneo de pádel solidario con Asanog. / Cedida
O evento, que se celebrará do 28 de novembro ao 6 de decembro, combina a paixón polo pádel cun propósito solidario: apoiar á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) no seu labor coas 200 familias de nenos afectados polo cancro que están integradas nela. "Intentamos chegar onde non chega a Seguridade Social”, indicou Gonzalo Cabeza. O tesoureiro de Asanog explicou que algúns peques pasan “moito tempo hospitalizados”, e que grazas a colaboracións coma esta é posible facerlles o tempo máis levadeiro e tamén apoiar ás súas familias.
Para as persoas que non poidan asistir pero desexen colaborar habilitouse unha fila cero para realizar doazóns que irán directamente a apoiar os proxectos de Asanog. Tanto Manuel Pallas coma Gonzalo Cabeza agradeceron a colaboración do Concello de Carballo e animaron á veciñanza a colaborar.
O alcalde e o concelleiro de Deportes destacaron a importancia de que o deporte vaia máis alá da competición e que siga sendo un exemplo de que Carballo "é un concello solidario".
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques