Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O polígono Área 33 de Silleda acollerá un novo coworking

O espazo estará dotado con seis postos de traballo, zonas de reunión e servizos comúns

Tamén reconvertirán a sala destinada a labores de administración nun lugar para persoas emprendedoras

Vistas do polígono industrial Área 33.

Vistas do polígono industrial Área 33. / FDV

Silleda

A Corporación Municipal de Silleda celebrará este venres a sesión ordinaria correspondente ao mes de novembro na que se abordarán cuestións como a modificación do Regulamento e da taxa do Viveiro de Empresas Municipal situado no parque empresarial Área 33.

O regulamento actualízase para incorporar dous novos espazos que responden ao incremento da demanda e á ocupación total das instalacións actuáis. Por un lado crearase unha sala de coworking, situada na antiga zona de cafetería, concibida como un espazo compartido para varias persoas emprendedoras, con seis postos de traballo, zonas de reunión e servizos comúns.

Por outra banda, o despacho que estaba destinado inicialmente a labores de administración tamén se reconvertirá nun espazo para persoas emprendedoras, toda vez que o Viveiro está completo a día de hoxe.

Prezos para utilizar os espazos

Así mesmo, o Pleno tratará a actualización do prezo público, incorporando tarifas específicas para o novo despacho e para os postos da sala de coworking. Establécese un custo de 29 euros mensuais para os postos de Coworking e de 40 euros para a que será a oficina número 6 do Viveiro municipal.

Tracking Pixel Contents