Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DISTINCIÓN

A praza de abastos de Carballo entra no selecto club de Mercados Excelentes

O alcalde, Daniel Pérez, fixo extensivo o premio aos praceiros

O alcalde, Daniel Pérez, e os praceiros diante do emblema de Mercado Excelente.

O alcalde, Daniel Pérez, e os praceiros diante do emblema de Mercado Excelente. / C. C.

Carballo

O concelleiro de Feiras e Mercados de Carballo, Ramón Varela, recolleu en Santiago o distintivo de Mercado Excelente, que identifica aquelas prazas de abastos que destacan pola súa modernidade, a innovación e a dinamización, ao tempo que manteñen a autenticidade e tradición que as caracterizan.

A praza carballesa entra deste xeito no selecto grupo da rede de Mercados Excelentes de Galicia, na que unicamente figuran os de Tomiño, Vilagarcía de Arousa e Pontedeume.

O concelleiro, acompañado polo alcalde, Daniel Pérez, fixo extensivo o premio aos praceiros e praceiras que desenvolven a súa actividade no mercado municipal, formalizando esta boa nova coa colocación do emblema de Mercado Excelente na entrada principal do edificio e cunha pequena celebración.

Ramón Varela agradeceu o traballo realizado polos concesionarios dos postos para facer posible a consecución do referido selo e aludiu ás oportunidades que se abren para o futuro, pero tamén á necesidade de intensificar o traballo para seguir mellorando o servizo á cidadanía. «Temos un produto inmellorable e ofrecemos un trato moi próximo coa clientela, pero sempre hai que seguir mellorando», indicou.

A consecución do selo permite culminar un proceso de melloras iniciado no ano 2019.

Tracking Pixel Contents