BALANCE
A taxa de criminalidade da Laracha: 10 puntos por debaixo da media de Galicia
Este ano dispón de 17.500 € para previr a violencia de xénero

Reunión da Xunta Local de Seguridade da Laracha. / D. G.
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, copresidiron a Xunta Local de Seguridade, na que participaron representantes da Policía Adscrita, da Policía Local, da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico así como da Subdelegación e do CIM da Laracha.
Na xuntanza analizouse a situación de seguridade no termo municipal. A Laracha consolídase como un concello seguro cunha taxa de criminalidade de 23,96 delitos por mil habitantes, máis de 10 puntos por debaixo da media da provincia e da de Galicia, sendo a comunidade galega a terceira máis segura de España. Destaca ademais o lixeiro descenso dos delitos tradicionais e o aumento dos delitos dixitais.
“A Laracha é hoxe un concello seguro, cunha evolución moi positiva nos indicadores de criminalidade. Estes datos non son froito da casualidade, senón do traballo constante das Forzas e Corpos de Seguridade e da colaboración institucional, que está a dar resultados moi sólidos na prevención e resolución de delitos”, afirmou Julio Abalde.
Plan Director, máis de 400 asistentes
A Xunta Local analizou así mesmo o desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Contornos, un programa do Ministerio do Interior dirixido a reforzar a protección da comunidade escolar. No caso da Laracha, é a Garda Civil quen o leva a cabo.
No curso 2024-2025, participaron catro centros educativos e catro AMPAs, cun total de 54 accións formativas e informativas para 405 asistentes, entre alumnado, profesorado e pais e nais. As temáticas foron sobre TIC e ciberseguridade, mediacións en conflitos no ámbito escolar, acoso e ciberacoso, adiccións como apostas, videoxogos, drogas e alcohol, e sobre violencia de xénero.
O subdelegado, Julio Abalde, destacou que “o Plan Director é unha ferramenta esencial para axudar á mocidade a identificar riscos e adoptar condutas seguras tanto dentro como fóra dos centros escolares”.
No conxunto da provincia da Coruña participaron un total de 331 centros educativos con 2.016 accións formativas e informativas, o que supón o 40% de todas as realizadas en Galicia, con 35.744 asistentes.
Compromiso común contra a violencia de xénero
Outro dos puntos tratados foi o balance das actuacións en materia de violencia de xénero. O Concello da Laracha está adherido ao Sistema VioGén e recibiu este ano un total de 17.581,47 euros de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, destinados a accións de prevención, sensibilización e mellora da atención ás vítimas.
Na provincia da Coruña existen 31 concellos adheridos, con previsión de cinco novas incorporacións, e un total de 2.763 casos activos. O subdelegado realizou un chamamento aos 60 concellos con Policía Local para avanzar na adhesión ao sistema e reforzar así a loita contra esta lacra social.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza