Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DEPORTE

Ames acolle preto de dous mil alumnos de doce centros no campionato Xogade

O programa promove un estilo de vida activo e saudable

O alcalde, Blas García, segundo dereita, nun dos actos de entrega de trofeos.

O alcalde, Blas García, segundo dereita, nun dos actos de entrega de trofeos. / Cedida

Redacción

Ames

O circuíto de campo a través de Aldea Nova acolle por segundo ano consecutivo a fase comarcal do campionato de cros Xogade, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Concello de Ames.

Na proba participan 1.894 rapaces e rapazas de primaria e secundaria, de 18 centros escolares de Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Vedra, Oroso, Boqueixón, Teo, O Pino, Touro, Arca, Ponte Carreira e Melide.

Esta iniciativa enmárcase no programa Xogade, cuxo obxectivo é facilitar a práctica deportiva entre a mocidade galega, especialmente no ámbito escolar, promovendo un estilo de vida activo e saudable.

Na primeira xornada, celebrada o xoves, participaron 782 escolares das categorías benxamín, alevín e infantil. Estiveron representados os colexios CEIP Sigüeiro, Ortigueira-Vedra, Arzúa, Raíña Fabiola, Rodríguez Xixirei, A Martagona-Melide, Castelao-Ordes, Campomaior-Ordes, Apostolo Santiago, CRA Boqueixón-Vedra.

Este venres participarán 1.112 alumnos e alumnas (das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete) dos centros escolares: CPI de Touro, Arca, Ponte Carreira, IES Rosalía Castro, Eduardo Pondal e Cacheiras; e os CEIP de Roxos e Quiroga Palacios.

TEMAS

Tracking Pixel Contents