A Deputación inviste 80.000 € na renovación da ponte de Carboeiro, en Oroso
A obra mellorou a capacidade de paso, a drenaxe da contorna e a seguridade peonil

Cristina García e Álex Doval, no centro á dereita, revisaron os resultados da obra. / Cedida
A deputada provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos, Cristina García, visitou Oroso para comprobar o resultado da nova ponte sobre o río Carboeiro. Esta actuación, rematada este mes de novembro, recibiu un financiamento de algo máis de 80.000 euros da Deputación da Coruña, ao abeiro do Plan Único.
A obra consistiu na substitución da antiga ponte por unha infraestrutura máis moderna, segura e adaptada ás necesidades actuais, mellorando a capacidade de paso, a drenaxe da contorna e a seguridade tanto de peóns como de vehículos agrícolas e residentes.
A deputada e o alcalde de Oroso, Álex Doval, desprazáronse ata ao lugar de Berdomás, na parroquia da Gándara, onde se executou esta intervención, «moi demandada pola veciñanza», explicou Cristina García.
Durante a visita, a representante provincial destacou o papel decisivo do Plan Único como ferramenta estratéxica para garantir financiamento estable e autonomía municipal. No caso concreto de Oroso, no período 2017-2024 recibiu algo máis de 7,6 millóns do Plan Único e 1,4 no presente ano 2025.
A deputada subliñou que este volume de recursos «demostra a forza do programa como instrumento clave» da Deputación, «un modelo que está permitindo modernizar infraestruturas, mellorar servizos e equilibrar o territorio».
Ademais, lembrou que o obxectivo é asegurar que todos os concellos, independentemente do seu tamaño, «conten con recursos suficientes para planificar e executar obras prioritarias».
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques