Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Horta Creativa e Xunta avogan por dinamizar a Costa da Morte

Exploran vías de colaboración implicando á mocidade

Belén do Campo e Manu Nogueira exploraron vías de colaboración.

Belén do Campo e Manu Nogueira exploraron vías de colaboración. / MONCHO FUENTES

Muxía

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse cos representantes da Cooperativa Horta Creativa, de Muxía, adicada á xestión e dinamización sociocultural na Costa da Morte, co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración entre ambas institucións.

Do Campo salientou a importancia do tecido cooperativo cultural como axente clave no desenvolvemento territorial, especialmente no rural, e amosou a disposición do Goberno galego a estudar sinerxías para impulsar proxectos en común.

Pola súa banda, Manu Nogueira, representante da cooperativa presentoulle o traballo da entidade para crear proxectos innovadores para conectar cultura, territorio e comunidade, apostando pola sostibilidade e pola divulgación do patrimonio a través de experiencias que xeran impacto social e económico na comarca.

Horta Creativa leva a cabo máis de cen eventos ao ano en 50 concellos de Galicia, o que a converte nun referente na xestión cultural cooperativa cunha ampla implantación territorial.

Na xuntanza tamén avaliaron o labor da cooperativa na implicación da mocidade, base fundamental do seu proxecto. Nogueira explicou que Horta Creativa procura ofrecer á xuventude espazos para que participen na construción da Costa da Morte do futuro.

Tracking Pixel Contents