FORMACIÓN
Máis de cen carballeses amplían coñecementos coa Universidade Sénior
A UDC confirmou que no 2026 celebrarase a cuarta edición

Visita ao castro de Elviña do alumnado da Universidade Sénior. / C. Carballo
Máis de cen carballeses e carballesas participaron nun novo programa formativo da Universidade Sénior enmarcado no Programa de Democratización do Coñecemento da UDC.
Logo do relatorio sobre Educación para a saúde desde o exercicio terapéutico, que impartiu a profesora da UDC Isabel Raposo Vidal, recibiron os seus diplomas. Na entrega participaron o alcalde, Daniel Pérez; a concelleira de Educación e Terceira Idade, Mar Eirís, a propia Isabel Raposo e tamén a adxunta á dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias, que xa anticipou que no 2026 haberá unha cuarta edición do Programa de Democratización do Coñecemento.

O alcalde, Daniel Pérez, e a concelleira Mar Eirís, á dereita, no acto de clausura. / C.
O rexedor destacou a elevada demanda que ten este programa formativo para maiores de 50 anos promovido pola Universidade da Coruña, e expresou o seu desexo de que fose de interese e de proveito para os participantes. Agradeceu ademais a estreita colaboración que veñen mantendo UDC e Concello de Carballo nos últimos anos, e que se materializa non só nesta actividade, senón tamén en moitas outras propostas.
As actividades remataron con visitas culturais á Coruña. Repartidos en dous grupos, os alumnos e alumnas coñeceron o castro de Elviña e o Museo Arqueolóxico e Histórico, que ten a súa sede no castelo de San Antón.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Un fotógrafo compostelano conquista el LUX de Oro, el máximo galardón de la fotografía profesional de España