VISITA
O BNG pide 7 M€ para o centro de saúde e a variante de Carballo
Pontón di que presentarán emendas aos Orzamentos da Xunta

Ana Pontón e Daniel Pérez con concelleiros do goberno de Carballo. / BNG
A portavoz do BNG, Ana Pontón, afirmou que ve Carballo «a tope» e cun «impulso renovado» da man do goberno municipal liderado por Daniel Pérez, logo da visita institucional que realizou a un concello no que, indicou, sobresaen os investimentos en infraestruturas e servizos para «seguir mellorando a calidade de vida» dos seus veciños e veciñas.
Dixo ver no goberno local liderado por Daniel Pérez «un impulso renovado para seguir transformando Carballo» con ideas e iniciativas que contribúen a seguir facendo da localidade «un gran lugar para vivir», logo dunha transición á fronte da Alcaldía que cualificou de «modélica».
Salientou a importancia de que as actuacións previstas polo Executivo local sexan arroupadas co investimento da Xunta. Neste contexto, referiuse á circunvalación de Carballo, e anunciou a presentación dunha emenda nos Orzamentos da Xunta para que se dote con cinco millóns de euros para que se acometa esa obra. Tamén se referiu á ampliación do único centro de saúde que ten a localidade, salientando que é «a única poboación de máis de 30.000 habitantes que ten un só centro destas características».
Avanzou que o BNG reclamará ao Executivo do PP que «cumpra cos veciños e veciñas e asuma esa ampliación», para o que tamén presentará unha emenda aos Orzamentos de 2026 dotada de dous millóns de euros co obxectivo de que «a ampliación do centro de Carballo sexa unha realidade».
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo