Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

O Outono das Artes recala en Cee

A Deputación da Coruña trae cine e teatro á vila da Xunqueira

Imaxe promocional da curtametraxe 'Ratiña'.

Imaxe promocional da curtametraxe 'Ratiña'. / Cedida

Cee

O Outono das Artes da Deputación da Coruña chega este venres a Cee coa proxección da curtametraxe Ratiña, de Alicia Úbeda, a partir das 11.00 horas no Auditorio Baldomero Cores, e a representación teatral Profetas, de Ítaca Teatro, o domingo 30 ás 19.00 horas.

A curtametraxe Ratiña, protagonizada por Luis Tosar, Carmen García e Sara Ferro, aborda o acoso escolar desde o punto de vista da contorna familiar, especialmente cando as figuras adultas non saben como acompañar emocionalmente aos nenos. É unha historia baseada en vivencias reais da propia Alicia, cun estilo visual minimalista e unha narrativa emocionalmente contida. Na proxección participarán alumnos dos institutos ceenses.

Cartel promocional da obra 'Profetas', de Ítaca Teatro.

Cartel promocional da obra 'Profetas', de Ítaca Teatro. / Cedida

Pola súa banda a obra Profetas, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven a atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura.

Carlos Rebolo

E en decembro, antes do arranque da programación de Nadal, Cee acollerá a representación teatral da obra As alumnas, que se complementará cun coloquio coa autora Paula Carballeira.

É unha obra que se centra nas liberdades, o feminismo e a coeducación. Obtivo no ano 2023 o Premio Nacional de Literatura Dramática, e representarase na Casa de Cultura de Cee o mércores 3 de decembro ás 10.45 horas.

Tracking Pixel Contents