Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VISITA

Paula Prado demanda dende Padrón a rebaixa do IVE aos alimentos básicos

Pide ao Goberno «medidas para aliviar o afogamento económico das familias»

Paula Prado visitando un dos comercios de Padrón.

Paula Prado visitando un dos comercios de Padrón. / PP

Redacción

Padrón

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, visitou varios negocios de Padrón, acompañada polo portavoz local e deputado autonómico, Ángel Rodríguez, para comprobar de primeira man como o sector comercial reclama medidas que fomenten o consumo.

Para iso, Prado demanda ao Goberno que cumpra o mandato de rebaixar o IVE aos alimentos básicos, tal e como lle teñen demandado tanto o Parlamento galego como o Congreso, para así «aliviar o afogamento económico que sofren as familias ante a suba de prezos». Citou medidas, como, por exemplo, o «exitoso» Bono Peixe posto en marcha pola Xunta «e que contrastan coa inacción dun Pedro Sánchez que segue sen facer caso».

Pola contra, a secretaria dos populares galegos puxo en valor o esforzo que día a día fan os establecementos do pequeno comercio local e os autónomos para «conseguir levar adiante a súa actividade». Un esforzo que se ten que ver correspondido, engadiu, por administracións que «escoiten as súas necesidades e inquedanzas».

En clave local, Paula Prado lamentou que o alcalde socialista de Padrón «non se desmarque de Sánchez e do seu partido», algo que «trae nefastas consecuencias aos veciños e veciñas desta vila».

Pola súa banda, o portavoz do PP de Padrón recordou que o seu partido leva tempo presentando iniciativas no pleno municipal para demandar ao Concello que tome medidas para fomentar o consumo no pequeno comercio.

Tracking Pixel Contents