Ames achégase á igualdade e alza a voz contra a explotación sexual e a trata
Na apertura dunhas xornadas, o alcalde reivindicou a abolición da prostitución
A actriz, escritora e activista Mabel Lozano alertou das diversas formas de captación de mulleres

A actriz e escritora Mabel Lozano, esquerda, e Maite Arufe, directora do CIM, no foro. / Cedida
A casa da cultura do Milladoiro (Ames) acolleu este venres as XV Xornadas Achégate á igualdade, que este ano tiveron como lema Nin mercadoría nin silencio: xornadas contra a trata e a explotación sexual.
Na inauguración, o alcalde, Blas García, dixo que «xa é necesario que haxa unha lei sobre a abolición da prostitución e contra a trata de persoas».

Pola esquerda, Maite Arufe, Mar García e Beatriz Martínez. / Cedida
A edil de Educación, Beatriz Martínez, destacou este foro como «un espazo de reflexión, aprendizaxe e compromiso para analizar o sistema de prostitución, comprender os mecanismos da trata e reivindicar os dereitos, a dignidade e a liberdade das mulleres que sofren esta violencia».
A deputada provincial de Política Social, Mar García, puxo en valor «o traballo que se realiza nos Centros de Información á Muller dos concellos na loita contra a violencia de xénero e para informar das actividades e técnicas que existen para combatela».

Asistentes ás xornadas. / Cedida
A continuación tiveron lugar distintos obradoiros e faladoiros. Mabel Lozano (escritora, directora de cinema, actriz e activista contra a trata e a explotación sexual de mulleres) expuxo 9 campañas de concienciación e un documental dun caso real (co que gañou un premio Goya) nos que se tratan as diferentes formas nas que as mulleres son captadas.
«A través da pornografía, as redes sociais ou plataformas como OnlyFans prométense ingresos fáciles a cambio de prácticas aparentemente liberalizadoras para as mulleres, pero que rematan por ser unha trampa con difícil escapatoria para as vítimas», dixo.

Blas García durante a inauguración das xornadas. / Cedida
Ademais, abordou a problemática da pornografía entre os rapaces máis novos, ante o seu fácil acceso e a súa capacidade para desenvolver condutas violentas e de poder sobre as mulleres.
«Dende 2010, en España rexistráronse máis de 120 manadas. O porno é un incentivo á prostitución», sinalou Mabel Lozano.
Silvia Pérez (investigadora social especializada en violencia de xénero e cofundadora da rede galega contra a trata) e Llerena Pedrozo (escritora e produtora audiovisual e teatral)analizaron o relato hexemónico e dominante ao redor da prostitución e a trata sexual, sacando a colación o problema da violencia cultural e estrutural, «moi difícil de detectar e que xera máis perigo, incluso, que a violencia directa», explicaron.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La USC confirma todas las candidaturas a rectora excepto la de Alba Nogueira: "É unha cuestión formalista"
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- Raxoi evalúa el proyecto para el nuevo barrio de Mallou y ve «cosas a mejorar»