Ames dará benvida ao Nadal co acendido do alumeado o 4 de decembro
Haberá un concurso que premiará con 50 euros ás dúas persoas coa mellor vestimenta relacionada coa festividade

A presentadora do acto de acendido, Marta Alonso, a edil de Promoción económica, Ana Belén Paz, e o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, presentaron o acto. / Cedida
Ames dará benvida ao Nadal o vindeiro xoves, 4 de decembro, a partir das 17.45 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, coa celebración do tradicional acto de acendido das luces de Nadal. O evento estará acompañado da música de 50 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e membros dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán.
Ademais, como de costume, os presentes poderán gozar da degustación gratuíta de chocolate con churros. Cabe sinalar que manterase en incógnito a identificación das persoas encargadas de premer o botón de acendido do alumeado ata o momento do propio acto. As luces estarán en funcionamento en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este xoves, 4 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).
Máis de 140 elementos decorativos
Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o termo municipal. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos.
Na presentación do acto, o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Ramón Cordido, explicou que "despois do acendido virán moitas actividades. A próxima semana XEA e o Concello presentaremos o concurso Ilumina o teu sorriso, que ten bastante que ver, precisamente, con este acendido do alumeado de Nadal".
Certame de vestimenta de Nadal
Outra das novidades deste ano é que se vai realizar un concurso entre as persoas que acudan con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc. Os presentadores do acto, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, serán os encargados de elixir as dúas persoas mellor caracterizadas. As persoas levarán un vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- Defienden que se dé continuidad al alquiler de las casetas en el histórico proyecto hostelero de O Cotón
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza