MOBILIZACIÓN
As traballadoras da limpeza do hospital de Cee farán folga tres días en decembro
Demandan a equiparación salarial e laboral co resto de centros sanitarios

Concentración das traballadoras o pasado mércores diante do hospital. / CIG
A asemblea de traballadoras da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, acordou, por ampla maioría, continuar en decembro co calendario de mobilizacións para exixir a equiparación salarial e laboral. O persoal decidiu convocar tres novas xornadas de folga os días 17, 18 e 19 de decembro, ademais de manter as concentracións para os mércores 3 e 10 de decembro.
Reafirmanse na necesidade de continuar na mobilización "até que a dirección xeral do Sergas se digne a convocar unha reunión e abrir unha mesa de negociación real que permita atender a demanda de equiparación salarial e poña fin á desigualdade e discriminación existente entre centros hospitalarios", afirman.
Lembran que aínda que realizan o mesmo labor que as compañeiras e compañeiros do servizo de limpeza doutros hospitais, as súas condicións de traballo son inferiores ao non aplicárselles a equiparación laboral co grupo E do Sergas.
“Non é de recibo que se manteña esta situación de discriminación sobre un colectivo maioritariamente feminizado, e máis nunha semana marcada polo 25 de novembro, na que denunciamos a precariedade, a pobreza laboral, a infravalorización profesional e todas as formas de desigualdade e discriminación salarial que tamén constitúen violencia”.
Nunha situación similar atópanse as traballadoras da limpeza dos Hospitais do Barbanza e do Salnés, que tamén están realizando xornadas de folga e mobilizacións para reclamar que se poña fin a esta inxustiza.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques