Brión recibirá unha achega de 2,7 millóns de euros para cambiar o 90% do alumeado público
O Concello asinou un convenio con IDAE para cambiar 3.145 puntos de luz e 118 centros de mando no municipio
Segundo o alcalde, Pablo Lago, esta medida permitirá aos brioneses "aforrar máis de 132.000 euros anuais na factura eléctrica"

Pablo Lago, 2º pola esquerda, e Joan Groizard, 5º pola esquerda, na reunión que tivo lugar en Madrid. / Cedida
O alcalde de Brión, Pablo Lago, e o secretario de Estado de Enerxía e presidente do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), Joan Groizard, asinaron en Madrid o convenio polo que o Concello brionés recibirá unha axuda de 2.770.900 euros para substituír o 90% do seu alumeado público con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.
“Hoxe é un día moi importante para min e para Brión”, apunta Pablo Lago, xa que este proxecto suporá “unha das maiores inversión da historia do noso concello e permitirá a mellora e modernización integral do alumeado público municipal”.
Neste proxecto están incluídos un total de 3.145 puntos de luz, uns equipos que serán substituídos por luminarias LED que, xunto coa revisión de 118 centros de mando e a instalación de 30 reloxos astronómicos, 20 reloxos mecánicos de patillas e 94 fotocélulas, permitirán un aforro enerxético superior ao 62%.
“Isto permitiranos ofrecer un mellor servizo ao tempo que reducimos o consumo eléctrico e coidamos do noso medio ambiente, xa que nos permitirá aforrar máis de 132.000 euros anuais na factura eléctrica”, confirma Lago Sanmartín.
O rexedor adiante tamén que “a Xunta de Goberno Local xa adxudicou a obra á empresa ACEINSA Movilidad SA, cun prazo de execución de 8 meses, polo que os traballos comezarán en breve.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques