CAMPAÑA
Experiencias turísticas, culturais e gastronómicas por mercar na Laracha
Os comercios repartirán 15.000 tarxetas ‘rasca e gaña’

Presentación da campaña comercial e do programa de Nadal na Laracha. / Cedida
O Concello da Laracha alíase co tecido comercial co triplo obxectivo de sensibilizar sobre a importancia do comercio de proximidade, fidelizar a clientela e subvencionar as compras da cidadanía neste Nadal.
Con tal fin, a vindeira semana porase en marcha a campaña Agasalla comercio local: ten premio, á que se adheriron 37 establecementos e servizos locais.
Os comercios adheridos comezarán o próximo venres a repartir as 15.000 tarxetas rasca e gaña entre a súa clientela ata o 5 de xaneiro ou ata esgotar existencias. Con elas poderanse obter premios directos consistentes en bonos de dez euros para empregar en calquera dos negocios participantes, así como os agasallos que os propios establecementos achegaron voluntariamente.
As tarxetas non premiadas terán unha segunda oportunidade: poderán depositarse nas urnas habilitadas nas bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión para entrar no sorteo final de agasallos: experiencias culturais, turísticas e gastronómicas.

Programación de actividades de Nadal na Laracha. / Cedida
A campaña complementarase cunha proposta integral para gozar do Nadal na Laracha, que combina cultura, deporte, conciliación e apoio ao comercio.
O alcalde, José Manuel López, e as concelleiras Patricia Bello (Cultura e Deportes) e Rocío López (Servizos Sociais e Promoción Económica), xunto coas técnicas municipais implicadas na organización das diversas iniciativas, presentaron a programación, que botará a andar oficialmente o venres 5 de decembro co tradicional acendido da iluminación que se celebrará ás 18.30 horas nas prazas Les Sables d’Olonne e O Recreo.
Entre as propostas destacan o obradoiro de cociña Panettones con maxia, a Peque Disco Moc Moc, a visita de Papá Noel, teatro familiar, patinaxe sobre xeo, espectáculos musicais e de maxia, contacontos e Cabalgata de Reis.
Plan de conciliación
Ademais, ata o día 14 permanecerá aberta a inscrición no Programa Harmoniza para facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros