CERTAME
Imaxes que loan a riqueza patrimonial da Laracha
Unha fotografía de Iria Bouza conquista aos internautas

'Memorias de auga e cerne', imaxe gañadora nas redes sociais. / Iria Boza
A fotografía titulada Memorias de auga e cerne, de Iria Boza Martínez, veciña da parroquia de Golmar, resultou gañadora da modalidade Redes Sociais da cuarta edición do concurso de fotografía A Laracha no obxectivo ao acadar 672 reaccións positivas na páxina de Facebook Turismo da Laracha, o maior apoio popular entre todas as imaxes presentadas.
A instantánea, captada o pasado 2 de novembro no río Acheiro, destaca pola súa forza visual e pola capacidade de transmitir, a través dunha composición equilibrada e dunha luz serena, a relación entre a auga e a identidade natural da contorna. Unha paisaxe que, ademais, pertence á mesma parroquia de residencia da autora, reforzando así o vínculo emocional e simbólico da obra co territorio que retrata. O premio desta modalidade está dotado con 250 euros.
Corenta e cinco imaxes
A vindeira semana reunirase o xurado profesional - formado por profesionais dos ámbitos audiovisual e turístico e por un representante municipal- para avaliar as obras presentadas á modalidade xeral, á que concorreron 45 fotografías. Neste caso están establecidos un primeiro premio de 600 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 250 euros
Con esta cuarta edición do certame A Laracha no obxectivo o Concello continúa a impulsar a creatividade, a participación e a difusión da riqueza paisaxística e patrimonial do municipio a través da fotografía.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo