Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CIENCIA

Investigadores da UDC e alumnos de Carballo avalían o cambio climático

As análises no río Anllóns confimaron a súa "boa saúde"

Unha das sesións informativas no IES Parga Pondal, de Carballo.

Unha das sesións informativas no IES Parga Pondal, de Carballo. / C. C.

Carballo

A concellería de Innovación de Carballo, que dirixe Iván Andrade, no marco do convenio asinado co Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (Grica) da Universidade da Coruña, promoveu un obradoiro sobre a saúde do Anllóns no que participou alumnado do IES Alfredo Brañas. Os estudantes recolleron mostras no propio río e analizáronas no laboratorio.

As conclusións foron moi esperanzadoras, xa que non se detectaron problemas de contaminación na canle.

A maiores avaliaron, coa colaboración do IES Parga Pondal, as consecuencias do cambio climático, a través de tres sesións divulgativas. Armand Hernández, investigador do departamento de Física e Ciencias da Terra da UDC e membro do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, abordou a realidade climática actual dende unha perspectiva rigorosamente científica e cun enfoque divulgativo pensado para o alumnado.

O obxectivo foi desmontar ideas baseadas en opinións ou crenzas persoais e lembrar que o estudo do clima depende da análise conxunta de variables e metodoloxías científicas contrastadas. Durante as sesións trataron cuestións como o papel das placas tectónicas, os volcáns, as emisións de dióxido de carbono e o metano, entre outros factores.

Tracking Pixel Contents